A Limpiezas Azul (http://www.limpiezasazulvigo.com/): A quen corresponda: A través deste e-mail, nós, un grupo de alumnos e alumnas do colexio Salesianos de Vigo, queremos contactar con vostedes para realizar unha visita ás súas instalacións. Gustaríanos concertar a entrevista para poder realizar un proxecto que estamos a desenvolver nas materias de Ciencias Sociais e Lingua Galega, chamado Vigo Sustentable, no que visitamos e estudamos as empresas da nosa cidade que desenvolven un sistema produtivo sustentable ou que responden a unha ou máis das seguintes características: química verde, comercio xusto, consumo consciente, produción de ciclo pechado, economías locais vivas, enerxías renovables, reciclaxe,.. Escollemos a súa empresa polo seu compromiso na investigación en métodos, sistemas e materias que non dañen o medio ambiente e porque nos interesaría poder recadar máis información sobre o seu traballo e coñecer máis sobre Limpiezas Azul, os seus inicios e a súa tr