Ir al contenido principal

Modelo de solicitidude

A Limpiezas Azul (http://www.limpiezasazulvigo.com/):

A quen corresponda:

A través deste e-mail, nós, un grupo de alumnos e alumnas do colexio Salesianos de Vigo, queremos contactar con vostedes para realizar unha visita ás súas instalacións. 

Gustaríanos concertar a entrevista para poder realizar un proxecto que estamos a desenvolver nas materias de Ciencias Sociais e Lingua Galega, chamado Vigo Sustentable, no que visitamos e estudamos as empresas da nosa cidade que desenvolven un sistema produtivo sustentable ou que responden a unha ou máis das seguintes características: química verde, comercio xusto, consumo consciente, produción de ciclo pechado, economías locais vivas, enerxías renovables, reciclaxe,..

Escollemos a súa empresa polo seu compromiso na investigación en métodos, sistemas e materias que non dañen o medio ambiente e porque nos interesaría poder recadar máis información sobre o seu traballo e coñecer máis sobre Limpiezas Azul, os seus inicios e a súa traxectoria profesional; para así poder completar o noso proxecto.

Por todo iso, gustaríanos concertar unha entrevista con algun dos empregados ou responsables da empresa que coñezan o funcionamento e a historia da mesma.
Deixamos ao voso criterio a elección do horario e o día da visita, maís gustaríanos lembrarvos que temos clase de Luns a Venres de 8:15 a 14:10 e os Luns pola tarde de 15:40 a 17:30.

Sen outro motivo e agradecendo de antemán a súa colaboración,

(Datos)

A A Raíña Verde (http://rainaverde.com/):

A quen corresponda:

A través deste e-mail, nós, un grupo de alumnos e alumnas do colexio Salesianos de Vigo, queremos contactar con vostedes para realizar unha visita as súas instalacións. 

Gustaríanos concertar a entrevista para poder realizar un proxecto que estamos a desenvolver nas materias de Ciencias Sociais e Lingua Galega, chamado Vigo Sustentable, no que visitamos e estudamos as empresas da nosa cidade que desenvolven un sistema produtivo sustentable ou que responden a unha ou máis das seguintes características: química verde, comercio xusto, consumo consciente, produción de ciclo pechado, economías locais vivas, enerxías renovables, reciclaxe,..

Escollemos a súa empresa polo voso compromiso coa seguridade dos máis pequenos e co medio ambiente, ademáis de por cumprir moitas das características necesarias para complementar o noso traballo. Tamén escollemos A Raíña Verde porque nos interesaría poder recadar información sobre o voso traballo, os seus inicios e a súa traxectoria no comercio polo miúdo.

Por todo iso, gustaríanos concertar unha entrevista con algun dos empreados ou responsables da empresa que coñezan o funcionamento e a historia da mesma.

Comentarios