Ir al contenido principal

Actividade de positivo I - Vídeo-documental dunha obra de Gaudí: A sagrada familia


A SAGRADA FAMILIA




1- Clasificación:
O Templo Expiatorio de la Sagrada Familia, mellor coñecido como A Sagrada Familia, é a principal obra de Antoni Gaudí
Comezouse no 1882 e continúase a construir na actualidade. Atópase en Barcelona na Calle de Mallorca 401.
A Sagrada Familia pódese atopar clasificada en diferentes estilos como o Novecentismo ou a Arquictura Gótica, pero descríbese como máxima representante do modernismo (Corrente artística de finais do XIX e principios do XX que se caracteriza polo uso liñas curvas e asimétricas)

2- Análise do seu contexto histórico-artístico 
Nun principio, o proxecto estaba nas mans do arquitecto Francisco  de Paula Villar, pero trala súa dimisión, Gaudí tomo as riendas da construción é convertiu o proxecto nun moito máis ambicioso, orixinal e atrevida ca o orixinal. A única parte do templo edificada directamente por Gaudí é a que comprende a ábsida e a fachada da Natividade cos seus catro campanarios, dos que ao morrer o 1926 á idade de 74 anos atropelado por un tranvía, só puidera completar a base sen os pináculos de tres deles e a totalidade do de San Bernabé . Gran parte da documentación de Gaudí sobre os proxectos e ideas que pensaba aplicar no templo da Sagrada Familia, foron destruídos durante a guerra civil española, en 1936. 

3- Descrición 
A Sagrada Familia é unha igrexa de cinco naves con cruceiro de tres, que forman unha cruz latina. As súas dimensións interiores son: nave e ábsida, 90 m; cruceiro, 60 m; anchura da nave central, 15 m; naves laterais, 7,5 m cada unha; anchura do cruceiro, 30 m. A súa función é relixiosa, trátase dun templo expiatorio, o que quere dicir que se financia mediante as doazóns.
Respecto aos materiais, son diversos debido ao gran tamaño do templo; empregáronse diferentes tipos de pedras como granito ou outro tipo de pedras arenosas. O formigón armado, tamén usado por Gaudí nos pináculos da fachada do Nacemento, usouse na construción das naves, tal e como el deixou indicado.
Construíronse moitas bóvedas do templo aplicando a bóveda tabicada: esta técnica consiste en superpoñer amorteradas de dúas a tres capas de baldosa ou ladrillo para crear un conxunto moi resistente.
Na nave central da Sagrada Familia, a sucesión na transmisión de pesos faise por un sistema de columnas inclinadas interiores, que máis abaixo soportan o peso das bóvedas do templo e únense de dous en dous no alto da nave central. Máis abaixo, unha columna inclinada recolle o peso das ventás altas e o esforzo de sustentación de catro columnas de apoio da nave central que ao chegar a terra únense nunha sólida columna única.
Para dar esplendor e expresividade á súa arquitectura, Gaudí recurriu á luz. Os raios solares fan relucir os pináculos situados no alto de todas as torres e das fiestras. O sol de levante ilumina os portais da fachada do Nacemento.
Na fachada da Paixón, o xogo de luces e sombras producido polo reflexo do sol de poñente aumenta o seu carácter rudo e duro, mentres que, na fachada da Gloria, o sol de mediodía fará resplandecer as dezaseis lanternas do soportal monumental e iluminará o acceso principal á basílica.


WEBGRAFÍA

Comentarios