Ir al contenido principal

Diario de aprendizaxe - Fernando VII e o retorno ao absolutismo.

O tema que nos tocou foi Fernando VII e o retorno ao absolutismo, situado cronolóxicamente entre o 1814 e o 1833. O obxectivo do traballo era crear un video con documentos históricos e audios gravados da lectura do capítulo 75 do libro de Juan Espada Galán "Historia de España para escépticos".

Na primeira sesión, o 2 de Marzo, fun escollida como representanyte do grupo, recollín o documento histórico sobre o que tivemos que traballar e o leín para o grupo. Nesa sesión, Eva explicounos o porxecto.
A seguinte sesión, venres 3 de Marzo, fumos á Aula 1 para comezar a búsqueda de documentos históricos e resumir o capítulo. Eu, xunto con Kenda, creei un documento e unha carpeta compartida no Google Drive; nese documento, escribimos a principal cronoloxía e vocabulario deste tema. Tamén resumimos o capítulo.
O 6 de Marzo, terceira sesión e única na clase, mentres Fernando facía o examen pendente, Kenda, Javi e mais eu, repartimos o texto entre os catro e fumos gravar. Debido a que había moito ruído, só puden gravar eu. 
Onte, 9 de Marzo, eu comencei a facer o Movie Maker mentres os demais gravaban. Descarguei os documentos históricos, puxen as fontes e, cando eles volveron, pasaron os audios ao ordenador. 
Hoxe, 10 de Marzo, última sesión do proxecto, pasei os audios e terminei o vídeo coa axuda dos meus compañeiros.

Este proxecto axudoume a clarificar as ideas sobre esta etapa, posto que tiña algunhas dúbidas sobre ela. 

Comentarios